Illas Atlanticas
Situado na Ría de Vigo, o arquipélago das Illas Cíes é un auténtico paraíso natural, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Composto polas illas de Monteagudo, Faro e San Martiño, nese entorno está a mellor praia do mundo, segundo “The Guardian”. No ano 2007, este prestixioso diario británico describiu a Praia de Rodas como unha auténtica ‘praia caribeña’. Tal e como explicaban, “a auga é bastante turquesa e a area branca dabondo como para crer a comparación…”. Quen a visita deseguida comprende o porqué. Para asegurar a súa correcta conservación e evitar o seu deterioro, o número de visitantes por día está moi limitado, polo que é recomendable reservar os billetes con antelación.